miércoles, 18 de febrero de 2009

Introducción

Chámome Antonio Mandías e son profesor técnico das familias de Comercio e Administración no IES Chan do Monte de Marín

Durante anos formei parte do equipo directivo do centro como secretario.

Poño esta ferramenta a disposición da comunidades educativa de maneira gratuita por se pode ser de utilidade a alguén.

Nunha das follas introdúcense os datos de facturación e a folla de cálculo traslada os datos a outras follas que se corresponden cos diferentes anexos de xustificación de gastos, tanto diante das delegacións provinciales da Clonsellería de Educación como en Santiago polos estudios cofinanciados polo Fondo Social. Tamén leva un seguimento dos gastos por departamentos, ademais con un mínimo coñecemento pódense utilizar as potencialidades dunha folla de cálculo na xestión de cantidades importantes de datos homoxeneos.

Tamén permite cotexar os pagos cos corrrespondentes cargos bancarios. Desde as páxinas web das entidades bancarias pódense descargar os movementos bancarios nunha folla de cálculo, despues dévense seguir os pasos que se indican nos manuais de instrucción.

Para descargar a versión en excel (versión con Fondo Social) faga clic aqui
Para descargar a versión en excel (sen Fondo Social) faga clic aqui
Para descargar a vesión en calc (versión con Fondo Social) faga clic aqui
Para descargar a versión en cal (sen Fondo Social) faga clic aqui
Para descargar o manual da instruccións das versión en excel faga clic aqui
Para descargar o manual de instruccións das vesións en calc faga clic aqui

A Consellería de Educación ten enviado os centros CD orixinal de Office (conten a folla de cálculo Excel)
A folla de cálculo Calc forma parte do paquete Openoffice. Para baixar este programa da web da Consellería de Innovación e Industria faga clic aqui

Para calquera duda ou suxerencia pode contar conmigo na dirección de correo electrónico amandias@edu.xunta.es